O Concello articula dispositivos especiais de transporte urbano con motivo dos concertos da Praza de María Pita, o Noroeste e a Batalla Naval, para facilitar o ocio, a seguridade e a mobilidade sostible durante as festas

O Concello da Coruña porá en marcha un dispositivo especial de transporte urbano nas Festas de María Pita 2017 co obxectivo de favorecer a participación da cidadanía nas mesmas, garantir a seguridade e fomentar a mobilidade sostible. Así, a Compañía de Tranvías articulará unha serie de liñas especiais e de servizos dos denominados Búho para dar resposta ás demandas da cidadanía durante a celebración dos concertos dentro do ciclo As Noites de María Pita, o Noroeste Estrella Galicia e a Batalla Naval.

✅ Segundo informan dende a Concellería de Mobilidade Sostible, o primeiro destes servizos especiais funcionará os días 1, 2 e 3 de agosto, coincidindo cos concertos previstos na Praza de María Pita de Xoel López e Ses, así como o espectáculo Chané na Habana. O servizo habitual de bus non se modificará, se ben establecerase un servizo extraordinario do bus Búho (no Obelisco) que consistirá ademais en dous autobuses: un no sentido de circulación habitual do Búho e outro en sentido inverso. Realizarán dúas saías, unha en torno ao remate dos concertos, ás 00.30 horas, sendo a última en torno ás 01.30 horas.

✅ Por outro lado, os días 4, 5 e 6, cando María Pita acolla os concertos de Jarabe de Palo, Macaco e Miguel Bosé, está previsto, á saída dos concertos, en torno ás 00.30 horas, un dispositivo consistente en 7 liñas especiais con saídas dende Porta Real-Mariña:

▪️ Liña 1 dará cobertura ás zonas da Palloza, Gaiteira, Os Catros, Castrillón e Avenida de Monelos.

▪️ Liña 1A conectará Catro Camiños, Salvador de Madariaga, Mato Grande e Eirís.

▪️ Liña 3A unirá Porta Real con Labañou e Os Rosales.

▪️ Liña 6 dará servizo a Juana de Vega, Plaza de Pontevedra, Avda. de Finisterre, Ventorrillo y Meicende.

▪️ Liña 7 dará servizo a Juana de Vega e posteriormente enlazará con Peruleiro, Ronda de Outeiro, Ventorrillo e Vila de Negreira.

▪️ Liña 11 sairá de Porta Real, entrará por Juana de Vega á Praza de Pontevedra, Juan Flórez, Pla y Cancela e acabará na zona dos Mallos.

▪️ Liña 23 dará cobertura a Ramón y Cajal, Pablo Picasso, Birloque e Novo Mesoiro.

▪️ Á marxe destas liñas, a partir das 01.30 horas entrarán en servizo dous Búhos, un no sentido de circulación habitual e outro na contraria, rematando no horario habitual con saída no Obelisco.

Noroeste e Batalla Naval
Do mesmo xeito que os concertos na Praza de María Pita, tamén o Noroeste Estrella Galicia, tanto na praia como nas súas distintas localizacións na cidade contará cun dispositivo de transporte público especial.

✅ Os días 8, 9 e 10 de agosto, celebraranse distintos concertos ao longo da tarde-noite en distintos escenarios da cidade como a Casa Museo Casares Quiroga, a Praza das Bárbaras, San Nicolás, Campo da Leña, Fundación Luís Seoane e Castelo de San Antón. Para poder dar cobertura a todas as actividades funcionarán dous Búhos, un no sentido habitual de circulación (con saída ás medias) e outro no inverso (con saída ás horas en punto), sendo a primeira saída ás 23.30 horas e a última ás 01.30 horas.

✅ Tamén haberá liñas Búho dispoñibles para as persoas que acodan os días 11 e 12 de agosto aos concertos dentro do Noroeste que terán lugar na praia de Riazor. Unha vez máis, funcionarán dúas liñas de buses Búhos, un no sentido habitual da circulación (con saída ás medias) e outro no inverso (con saída ás horas en punto). A novidade neste caso é que se instalará unha parada provisional no Paseo Marítimo, á altura da Couraza, previa a intersección Modesta Goicuría.

✅ O día 14 de agosto, e co gallo da Batalla Naval, o servizo nocturno do Búho porase en funcionamento, de novo, con dúas liñas, ás 00.30 horas cun intervalo de 15 minutos. A partir das 01.30 horas o servizo prestarase cunha frecuencia de 30 minutos, sendo a última saída ás 05.00 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario