Campeonato España Triatlón 2025

Afeccións ao transporte público 31/05 01/06/2025

Coa celebración desta carreira están previstas fondas afeccións para a maioría das liñas do transporte urbano colectivo de viaxeiros, que terán que variar os seus percorridos habituais, o que derivará en paradas sen o servizo normalizado de transporte.

Por resumir brevemente estas afeccións, podemos indicar que:

·As liñas con cabeceira na parada do Hospital Abente y Lago (liñas 1, 1A, 2, 2A, 17, 23 e 23A) circularán no tramo entre Catro Camiños e Ánimas pola a avenida Alfonso Molina cara a avenida do Porto, tanto na ida coma na volta.

·As liñas 3, 3A e 7 variarán os seu percorrido e no canto de ir pola Mariña irán por San Andrés ou rúa do Orzán, segundo sexa percorrido de ida ou retorno.

·A liña 14 circulará pola avenida de Oza no canto da avenida do Exército.

·A liña 22 cirulará dende Catro Camiños por Federico Tapia e praza de Galicia cara a Praza de Pontevedra.

·As liñas 24 e UDC tamén circularán por Federico Tapia e praza de Galicia cara a Praza de Pontevedra, onde farán cabeceira na parada de Juan Flórez, 10.

No tocante ás paradas, as paradas de autobús das vías coa circulación restrinxida quedarán anuladas durante a celebración da proba.

Por contra, e como é habitual no caso de desvíos pola avenida do Porto, serán habilitadas dúas paradas provisionais á altura de Entrexardíns.

 

+info
https://ide.coruna.gal/portal/apps/storymaps/stories/261a322abe7742d4a254fb6ed821c633

Facebook
LinkedIn