Afeccións á rede de autobuses urbanos | 09.02.2025
Dada a magnitude do percorrido, as liñas de transporte urbano de viaxeiros veranse profundamente afectadas polo desenvolvemento da carrerira e derivado dos cortes de vías previstos e anteriormente expostos.
Todas as liñas sufrirán os desvíos que de segido se amosan agás:
a liña 22, no seu percorrido dende Juan Flórez cara a Pasaxe
a liña 24, no seu percorrido dende a praza de Pontevedra cara a Zapateira.
Para o resto de liñas achegamos agora unha breve descrición dos devíos concentrados por zonas, centrando así a explicación no que atingue ás liñas que para en cada unha das paradas principais de cabeceira: Hospital Abente y Lago, zona de Monte Alto (Durmideiras, Mercado e As Lagoas), zona do
Castrillón – Os Castros e saídas do Hospital Materno Infantil e finalmente praza de Pontevedra e
Juan Flórez.
Dende o Concello da Coruña e a empresa concesionaria do servizo,
Tranvías de La Coruña queremos aproveitar a ocasión para pedir descupas polas posibles molestias que esta situación puidera causar a todos nosos usuarios, en tanto non se recupere a normalidade do servizo cando se vaian abrindo de novo ó tráfico as rúas polas que discorrerá a proba.
En calquera caso, aconsellamos a consulta directa da páxina web de Tranvías da Coruña, así coma da aplicación iTranvías.
Cabeceira do Hospital Abente y Lago
Saídas
Unha vez comecen os cortes ó circuito, as liñas con saída dende a parada do Hospital Abente y Lago, liñas 1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 23 e 23A circularán dende Ánimas/Castelo de Santo Antón cara o túnel do Parrote e a avenida do Porto, praza de Ourense, avenida Linares Rivas e avenida Alfonso Molina ata Pajaritas, onde darán a volta para regresar pola mesma Avenida Alfonso Molina cara Catro Camiños.
A liña 5 retomará o seu percorrido habitual na praza de Madrid cara a Estación de FF.CC.
Chegadas
As liñas 1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 23 e 23A circularán cara a cabeceira do Hospital Abente y Lago dende Catro Camiños polas rúas Enrique Hervada, Castiñeiras e Santa Lucía para incorporarse á avenida Alfonso Molina no viaduto cara a avenida de Linares Rivas, praza de Ourense, avenida do Porto e túnel da Marina-Parrote ata Ánimas-Castelo de Santo Antón.
Cabeceiras de
Monte Alto
Saídas
Todas as liñas con saída dende a zona de Monte Alto 3, 3A, 4, 6, 6A, 7 e 11 circularán con normalidade ata a praza de España, onde desviarán o seu percorrido habitual pola rúa Baltasar Pardal cara a praza das Atochas, avenida do Metrosidero, Julio Portela Ceballos (Hípica) onde accederá ó Paseo Marítimo en dirección Ánimas.
Dende aí, accederán cara o túnel do Parrote e a avenida do Porto, praza de Ourense e avenida Linares Rivas para acceder a Alfonso Molina ata Pajaritas, onde cambiarán de sentido para regresar a Alfonso Molina cara Castiñeiras, Federico Tapia, praza de Galicia e Juan Flórez, onde retomarán o seu percorrido habitual.
Posteriormente, a liña 4, xa en Catro Camiños, desviarase por Fernández Latorre coma se indica máis adiante.
Chegadas
As liñas 3, 3A e 7, ao teren cortado o Paseo Marítimo, circularán pola avenida de La Habana cara a praza de Portugal e a rúa Alfredo Vicenti para chegar á praza de Pontevedra e desviarse pola rúa Juan Flórez e a avenida Alfonso Molina ata Pajaritas, onde cambiará de sentido pola avenida Alfonso Molina ata Linares Rivas, praza de Pontevedra, avenida do Porto, túnel da Mariña-Parrote e Ánimas, dende onde se dirixirán pola Maestranza e Metrosidero cara a rúa Orillamar e os seus percorridos habituais.
Liña 11 cara As Lagoas
A liña 11, que xa está desviada por mor das obras na rúa Pla y Cancela, baixa pola Rolda de Nelle cara Catro Camiños e rúas Enrique Hervada e Castiñeiras.
Durante a proba, desviarase pola rúa Santa Lucía cara as avenidas Alfonso Molina, Linares Rivas de do Porto para, a través do túnel da Mariña-Parrote, chegar a Ánimas onde se dirixirá cara a rúa Maestranza e a avenida do Metrosidero, rúa Orillamar, avenida de Navarra e Rolda de Monte Alto, onde fará cabeceira á altura da rotonda de As Lagoas, para parada actual das liñas 6 e 6A.
Cabeciras no
Castrillón – Os Castros
Ruta dende Catro Camiños
Os autobuses que chegan a Catro Camiños e continuan viaxe cara Os Castros, as liñas 1, 2, 2A, 12, 17, 20, 23 e 23A, desde a praza continuarán viaxe por Fernández Latorre cara a avenida Salgado Torres e a rotonda de Lonzas, onde enfilarán a Ronda deSan Cristóbal cara Matogrande e o túnel de Eirís.
No enlace de Casablanca dirixaranse cara Os Castros onde reuperarán os itinerarios habituais.
Saídas cara Ánimas
As liñas 1A, 2, 2A, 12, 17, 22, 23 e 23A virán desde Os Castros por Casablanca e o túnel de Eirís cara a Matogrande e a avenida Alfonso Molina, que recorrerán ata a avenida Linares Rivas, praza de Ourense, avenida do Porto e, polo túnel da Mariña-Parrote chegarán a Ánimas.
A liña 1 sairá do Castrillón pola avenida de Monelos e Rolda Camilo José Cela cara a rotonda de Matogrande onde tomará o percorrido antes descrito.
Saídas cara Rosales: L12+L14
As liñas 12 e 14 circularán dende Os Castros por Casablanca e o túnel de Eirís ata Matogrande e a avenida Alfonso Molina, que recorrerán ata a rúa Caballeros e Catro Camiños.
Dende aí, a liña 12 xa recupera o seu percorrido habitual pola Rolda de Nelle e a liña 14 irá pola rúa Fenando Rey cara a praza de Madrid e a Rolda de Outeiro para recuperar o seu itinerario habitual.
Chegadas dende Rosales.
Liña 12
A liña 12 circulará dende a Rolda de Nelle cara Catro Camiños e a rúa Fernández Latorre. Na glorieta da Estación de Autobuses tomará a avenida Salgado Torres ata Lonzas, onde se dirixirá pola Rolda de San Cristóbal cara Matogrande e o túnel de Eirís.
Na saída do túnel, no enlace de Casablanca, dirixirase cara Os Castros para retomar o seu itinerario habitual cara o CHUAC.
Chegadas dende Rosales:
Liña 14
A liña 14, pola súa banda, ao chegar á Estación de Ferrocarril pola Rolda de Outeiro tomará a saída cara a avenida Alfonso Molina para dirixirse a Pajaritas e a rúa Pablo Picasso.
Dende ela virará cara a rotonda de Lonzas para cambiar de sentido e circular pola Rolda de San Cristóbal cara Matogrande e o túnel de Eirís. Na súa saída, no enlace de Casablanca, tomará dirección Os Castros onde retomará o seu itinerario habitual.
Cabeceiras de
Juan Flórez
Chegadas dende Catro Camiños
As liñas 21, 22 e 24, chegarán á praza de Pontevedra dende Catro Camiños polas rúas Enrique Hervada, Castiñeiras e Federico Tapia para chegar á praza de Galicia e as rúas Rosalía de Castro e Francisco Mariño, onde virarán para facer cabeceira na parada de Juan Flórez, 10.