A VIII Gala do Deporte dá Coruña e a súa comarca, da que a Compañía de Tranvías da Coruña é colaboradora, converteuse unha vez máis na gran festa do deporte coruñés. A cita, celebrada no Centro Sociocultural Ágora, tiña como obxectivo premiar o labor e o esforzo dos mellores deportistas, clubs e demais entidades relacionadas co deporte ao longo do ano 2025.
O evento reuniu a unha impresionante selección de deportistas locais de multitude de disciplinas. Ignacio Prada, Director da Compañía de Tranvías, foi o encargado de entregar o Premio Especial do Xurado a Carlos Gil, auténtica verdadeira lenda do HC Liceo, xogador e adestrador da época máis exitosa do laureado club coruñés.
Airi Rodríguez, Campioa de Europa de Escopeta,e Carlos Martínez, campión do mundo de baloncesto 3×3, recibiron os premios a mellores deportistas pola súa brillante traxectoria ao longo do pasado ano. Outros premios notables recaeron en Jonathan Sobrino (premio dos lectores da OPINIÓN) ou o piragüista Antón Lagares, premio á mellor promesa masculina.
Desde A Compañía de Tranvías da Coruña queremos dar os nosos sinceros parabéns a todos os finalistas e premiados así como agradecer á Opinión e o Concello da Coruña pola honra de poder participar nesta gran gala, toda unha celebración do talento deportivo coruñés.
Máis información en La Opinión A Coruña
Fotografía de Carlos Pardellas


