Accesibilidade

Garantimos o acceso universal

A compañía de Tranvías de La Coruña está totalmente comprometida coa accesibilidade total, compromiso que se demostra coa implantación da norma UNE 170001-2 certificada por AENOR.

Piso baixo integral

Para as persoas con mobilidade reducida, modernizouse a frota e, actualmente, o 100 % dos autobuses dispón de piso baixo integral. Dese xeito facilítase o acceso ao vehículo por parte de persoas con calquera limitación, xa sexa con mobilidade reducida, menores ou con carriños de bebé.

Rampla e espazo para cadeiras de rodas

O 100 % da frota actual conta con rampla de deseño telescópico con botón exterior para o acceso de cadeiras de rodas. Tamén o 100 % conta con plataforma central para persoas con discapacidade, con agarradoiras, botón de parada solicitada, respaldo, pictogramas de información e sinalización interior de rampla en movemento.

Asentos reservados

O 100% da frota ten asentos reservados para persoas de mobilidade reducida, con barras, repousabrazos e un ancho especial para facilitar a comodidade e a liberdade de movementos a estes viaxeiros.

Sistemas de acceso e portas corredoiras

O sistema de axeonllamento permite a inclinación do vehículo para facilitar o acceso en paradas. Ademais, no interior instalouse piso con material antideslizante tanto en seco como en mollado, así como iluminación de entrada e saída. Outra das medidas aplicadas para facilitar o acceso é a instalación de portas corredoiras rápidas e silenciosas, ademais da disposición de barras na porta de acceso e descenso, así como bandas de contraste de cor en bordes e pavimento para garantir a seguridade.

Información acústica e visual

Os sistemas de información acústica e visual no interior do autobús teñen como obxectivo facilitarlles o servizo ás persoas con limitacións auditivas ou visuais. Ademais, a información compleméntase con pantallas informativas audiovisuais no interior dos autobuses. Así mesmo, os botóns de próxima parada están en braille e existe un acceso sinalizado para cans guía e de asistencia.