Textos legais
Política de privacidade
Introdución
A presente política de privacidade foi desenvolvida tendo en conta o disposto pola Lei orgánica 3/2018 de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPGDD) e polo Regulamento xeral de protección de datos (RXPD).
Esta política de privacidade explica como o titular do sitio web recompila, utiliza e protexe os datos persoais dos usuarios do seu sitio web e servizos asociados.
Responsable do tratamento
Responsable do tratamento: COMPAÑÍA DE TRANVÍAS DE LA CORUÑA, S. A.
Domicilio: Estrada Fuertes, 4, 15011 A Coruña (A Coruña)
Enderezo electrónico: correo@tranviascoruna.com
Delegado de protección de datos
ASESORES Y CONSULTORES EN PROTECCIÓN DE DATOS, S. L. (ACPD)
Enderezo electrónico: info@acpd.es
Teléfono de contacto: +34 942 042 117
Tratamentos de datos
Os datos de carácter persoal que se soliciten, se é o caso, consistirán unicamente naqueles estritamente imprescindibles para identificar e atender a solicitude realizada polo seu titular (en diante, a persoa interesada). Os datos persoais serán recollidos para finalidades determinadas explícitas e lexítimas, e non serán tratados ulteriormente de xeito incompatible cos devanditos fins.
Os datos recollidos de cada persoa interesada serán adecuados, pertinentes e non excesivos en relación coas finalidades correspondentes para cada caso, e serán actualizados sempre que sexa necesario.
Finalidades do tratamento
As finalidades explícitas para as cales se leva a cabo cada un dos tratamentos veñen recollidas nas cláusulas informativas incorporadas en cada unha das vías de toma de datos (formularios web, formularios en papel, locucións ou carteis e notas informativas).
Non obstante, os datos de carácter persoal da persoa interesada serán tratados coa exclusiva finalidade de proporcionarlle unha resposta efectiva e de atender as solicitudes practicadas polo usuario, especificadas xunto á opción, servizo, formulario ou sistema de toma de datos que o titular utilice.
Lexitimación
Por regra xeral, antes do tratamento dos datos persoais, o responsable do tratamento obtén o consentimento expreso e inequívoco da persoa titular destes, o cal se consegue mediante a incorporación de cláusulas de consentimento explícito nos diferentes sistemas de recollida de información.
Non obstante, no caso de que non se requira o consentimento da persoa interesada, a base lexitimadora do tratamento será a existencia dunha lei ou norma específica que autorice ou esixa o tratamento dos datos da persoa interesada para o cumprimento dunha obriga legal ou contractual.
Destinatarios
O responsable do tratamento non procede á cesión ou comunicación dos datos a terceiras entidades, agás as requiridas legalmente. Con todo, no caso de que isto fose necesario, as devanditas cesións ou comunicacións de datos (por exemplo, provedores para a prestación do servizo) sonlle notificadas á persoa interesada previamente a través das cláusulas de consentimento informado contidas nas diferentes vías de recollida de datos persoais.
Procedencia
Por regra xeral, os datos persoais recóllense sempre directamente da persoa interesada. Porén, os datos poden ser recollidos da persoa interesada excepcionalmente a través de terceiras persoas, entidades ou servizos diferentes da persoa interesada. Neste sentido, este extremo seralle trasladado á persoa interesada a través das cláusulas de consentimento informado contidas nas diferentes vías de recollida de información e dentro dun prazo razoable, unha vez obtidos os datos, e como moito dentro dun mes.
Prazos de conservación
A información recompilada da persoa interesada será conservada mentres sexa necesaria para cumprir coa finalidade para a cal se obtiveron os datos persoais, de forma que, unha vez cumprida a finalidade, se bloquearán e conservarán só o tempo legal necesario para as posibles responsabilidades nacidas do tratamento. Cumprido o citado prazo, procederase á destrución da información.
Dereitos das persoas interesadas
A normativa en materia de protección de datos outórgalles unha serie de dereitos ás persoas interesadas ou titulares dos datos, usuarias do sitio web ou usuarias dos perfís das redes sociais do responsable do tratamento.
Estes dereitos que asisten as persoas interesadas son os seguintes:
– Dereito de acceso: dereito a obter información sobre se os seus datos están sendo obxecto de tratamento, a finalidade do tratamento que se estea a realizar, as categorías dos datos de que se trate, os destinatarios ou categorías de destinatarios, o prazo de conservación e a orixe dos devanditos datos.
– Dereito de rectificación: dereito a obter a rectificación dos datos persoais inexactos ou incompletos.
– Dereito de supresión: dereito a obter a supresión dos datos nos seguintes supostos:
- Cando os datos xa non sexan necesarios para a finalidade para a cal foron recompilados.
- Cando a persoa titular retire o consentimento.
- Cando a persoa interesada se opoña ao tratamento.
- Cando se deban suprimir en cumprimento dunha obriga legal.
- Cando os datos se obtivesen en virtude dun servizo da sociedade da información con base no disposto no artigo 8, apdo. 1 do RXPD.
– Dereito de oposición: dereito a opoñerse a un determinado tratamento con base no consentimento da persoa interesada.
– Dereito de limitación: dereito a obter a limitación do tratamento dos datos cando se dea algún dos seguintes supostos:
- Cando a persoa interesada impugne a exactitude dos datos persoais, durante un prazo que lle permita á entidade verificar a súa exactitude.
- Cando o tratamento sexa lícito e a persoa interesada se opoña á supresión dos datos.
- Cando a entidade xa non necesite os datos para os fins para os que foron recompilados, pero a persoa interesada os necesite para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
- Cando a persoa interesada se opuxese ao tratamento mentres se verifica se os motivos lexítimos da entidade prevalecen sobre os da persoa interesada.
– Dereito á portabilidade: dereito a obter os datos nun formato estruturado, de uso común e de lectura mecánica, e a transmitilos a outro responsable do tratamento cando:
- O tratamento estea baseado no consentimento.
- O tratamento se efectúe por medios automatizados.
– Dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control competente (Axencia Española de Protección de Datos ) en aepd.es se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.
As persoas interesadas poderán exercer os dereitos indicados dirixíndose ao responsable do tratamento mediante un escrito remitido ao seguinte enderezo: correo@tranviascoruna.com, indicando na liña de Asunto o dereito que desexan exercer.
O responsable do tratamento atenderá a súa solicitude coa maior brevidade posible e tendo en conta os prazos previstos na normativa en materia de protección de datos.
Seguridade
As medidas de seguridade adoptadas polo responsable do tratamento son aquelas requiridas de conformidade co establecido no artigo 32 do RXPD.
O responsable do tratamento, tendo en conta o estado da técnica, os custos de aplicación e a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como os riscos de probabilidade e gravidade variables para os dereitos e as liberdades das persoas físicas, ten establecidas as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir o nivel de seguridade axeitado ao risco existente.
En todo caso, impleméntanse os mecanismos suficientes para:
- Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos do tratamento.
- Protexer fronte a accesos non autorizados, alteracións ou perdas.
- Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais de forma rápida no caso de incidente físico ou técnico.
- Verificar, avaliar e valorar, de forma periódica, a eficacia das medidas técnicas e organizativas implantadas para garantir a seguridade do tratamento.
- Seudonimizar e cifrar os datos persoais cando sexa aplicable.
Datos de navegación e información aloxada
A categoría de datos que se tratan a través dos formularios web é:
- Datos de carácter identificativo e de contacto: nome e apelidos, enderezo electrónico, número de teléfono.
Ao visitar o noso sitio web pódense recompilar datos de navegación. Para máis información, recoméndase consultar a política de cookies.
Comunicacións comerciais por vía electrónica
En aplicación da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico (LSSI-CE), o responsable non enviará comunicacións publicitarias ou promocionais por correo electrónico ou outro medio de comunicación electrónica equivalente que previamente non fosen solicitadas ou expresamente autorizadas polas persoas destinatarias destas.
No caso de usuarios cos que exista unha relación contractual, xurídica ou de servizos previa, o responsable do tratamento si está autorizado ao envío de comunicacións comerciais referentes a produtos ou servizos do responsable que sexan similares aos que inicialmente foron obxecto de contratación co cliente.
No caso de que a persoa usuaria queira darse de baixa á hora de recibir as citadas comunicacións, poderá facelo remitindo a súa vontade por correo electrónico ao enderezo correo@tranviascoruna.com.
Cambios na política
Podemos actualizar esta política para reflectir cambios na normativa ou nos nosos servizos. Publicaremos calquera modificación no noso sitio web coa data da última actualización.
Lexislación aplicable
A lei aplicable é a lei española e calquera conflicto relacionado con esta política resolverase de acordo con ela.
