Calidade do servizo

Nove certificacións garanten a calidade do servizo

A compañía conta con nove certificacións auditadas periodicamente por AENOR para a mellora constante e garantir o cumprimento dos estándares de calidade máis esixentes.

Equipo

O noso equipo conta con máis de 280 profesionais altamente cualificados e especializados en moi diferentes materias. Entre todos fan posible un servizo de transporte de calidade e por iso a compañía se dotou dunha certificación de seguridade e saúde no traballo para garantir unhas condicións de traballo adecuadas. Tamén se obtivo unha certificación de seguridade viaria —unha das primeiras en España— pola importancia deste aspecto na calidade do servizo e nas condicións das persoas usuarias e do persoal traballador.

Frota e mantemento

Actualmente, a Compañía de Tranvías da Coruña conta cunha frota de 93 autobuses das marcas Mercedes-Benz e Man. Esta frota ten un servizo integral de mantemento totalmente informatizado que se leva a cabo nos nosos propios talleres.

OFERTA DE SERVIZOS

A compañía é consciente da importancia que ten a calidade dos servizos que ofrece, polo que adoptou un compromiso de vixilancia e mellora continua, con base nas certificacións de xestión de calidade e de xestión de calidade para operadores de transporte de viaxeiros, poñendo especial interese nas necesidades e expectativas dos clientes.

Isto tradúcese nunha serie de liñas de actuación recollidas nos nosos compromisos de calidade e na nosa carta de servizos.

COMPLIANCE PENAL

Co fin de fomentar unha cultura empresarial ética e de cumprimento da lei, procedeuse á implantación dun sistema de compliance penal para garantir o cumprimento da lei, o cal se traduce nunha maior transparencia e rigor nos controis internos da empresa.

Así mesmo, para contribuír a crear unha cultura de integridade, conta cun código de conduta, onde se recollen os valores e estándares éticos polos que se rexe a compañía.