Textos legais

Aviso legal

Información Xeral

Compañía de Tranvías de La Coruña, S.A., en adiante “Compañía de Tranvías”, con NIF A15.000.227, é a titular dos dominios tranviascoruna.com e tranviascoruna.es. Está inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, na inscrición 1.ª, da folla número C-2274, ao folio 139, do Tomo 892 do Arquivo, Sección Xeral. Pode contactar Compañía de Tranvías por medio de:
Tel.: 981 250100
Fax: 981 253016
E-mail: correo@tranviascoruna.com
Domicilio: Estrada Fuertes, n.º 4, C.P.- 15011 A Coruña.
Co ánimo de que o uso do Sitio Web se axuste a criterios de transparencia, claridade e sinxeleza, Compañía de Tranvías informa o usuario de que calquera suxestión, dúbida ou consulta sobre o presente Aviso Legal ou calquera outro documento informativo do sitio web será recibida e solucionada contactando a través do enderezo de correo electrónico: correo@tranviascoruna.com.

Propiedade Intelectual

Todos os contidos que se mostran neste sitio web e, en especial, deseños, textos, imaxes, logos, iconas, nomes comerciais, marcas ou calquera outra información susceptible de utilización industrial e/ou comercial, están protexidos polos correspondentes dereitos de autor, non permitíndose a súa reprodución, transmisión ou rexistro de información, agás autorización previa do titular, Compañía de Tranvías. Con todo, o usuario poderá utilizar información facilitada para xestionar o seu pedido e os datos de contacto correspondentes.

Ligazóns

Compañía de Tranvías non asume ningunha responsabilidade sobre as ligazóns cara a outros sitios ou páxinas web que, se é o caso, puidesen incluírse neste, xa que non ten ningún tipo de control sobre estes, polo que o usuario accede baixo a súa exclusiva responsabilidade ao contido e nas condicións de uso que os rexen.

Condicións de uso

O acceso e o uso da páxina web de Compañía de Tranvías quedarán suxeitos ás presentes condicións xerais. Así, o acceso e uso da páxina web implica a aceptación plena e sen reservas das presentes condicións xerais.

1. Todos os contidos das páxinas web de Compañía de Tranvías (entre outros, fotografías, debuxos, textos, son, vídeo, software, deseño e signos identificativos) están sometidos á normativa sobre propiedade intelectual e/ou industrial. Os dereitos sobre os contidos lle corresponden a Compañía de Tranvías de La Coruña, S.A ou, se é o caso, a terceiros. En ningún caso o acceso á páxina web de Compañía de Tranvías implica cesión, transmisión ou calquera tipo de renuncia, nin total nin parcial, de dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial.
2. Tampouco do acceso ás páxinas se deriva ningún tipo de dereito relativo, a xeito de exemplo, á explotación, transformación, descompilación, distribución ou comunicación pública dos contidos, agás que exista autorización previa e por escrito de Compañía de Tranvías de La Coruña, S.A. ou dos terceiros titulares dos ditos dereitos. O usuario unicamente poderá visualizar e obter unha copia privada dos contidos sempre e cando a dita copia sexa única e exclusivamente para o seu uso persoal e privado, quedando terminantemente prohibida a súa utilización para fins comerciais.
3. O usuario non poderá, en ningún caso, modificar ou suprimir os datos identificativos que existan, se é o caso, dos dereitos de Compañía de Tranvías de La Coruña, S.A. ou de terceiros sobre os contidos. O usuario poderá unicamente acceder aos contidos mediante os medios ou procedementos que se puxesen a disposición para este efecto na páxina web de Compañía de Tranvías ou que se utilicen habitualmente na Internet para ese fin, sempre que non impliquen violación de dereitos de propiedade intelectual ou algún tipo de dano para a páxina web de Compañía de Tranvías e/ou a súa informacións e servizos ofrecidos.
4. O uso que poida facerse da información e dos contidos que aparecen na páxina web de Compañía de Tranvías e/ou do acceso a outras páxinas web de terceiros a través de conexións ou ligazóns que aparecen na páxina de Compañía de Tranvías realizarase baixo a exclusiva responsabilidade daqueles que efectúen este tipo de actos, non sendo Compañía de Tranvías de La Coruña, S.A. responsable, en ningún caso, dos danos ou perdas que poidan derivarse dos ditos usos ou actividades.
5. O usuario comprométese a utilizar as informacións e servizos da páxina web de Compañía de Tranvías de conformidade coa lei, estas condicións xerais e a moral, os bos costumes e a orde pública.
6. Compañía de Tranvías non se responsabiliza de calquera dano ou perda no software ou hardware do usuario que se derive do acceso á páxina web de Compañía de Tranvías ou do uso da información ou das aplicacións nela contidas.
7. Compañía de Tranvías resérvase, sen necesidade de previo aviso e en calquera momento, o dereito a suspender temporalmente o acceso á súa páxina web e a efectuar as modificacións que considere oportunas da páxina, dos servizos e informacións ofrecidas, da presentación ou localización desta e das condicións de acceso e uso da páxina web de Compañía de Tranvías.
8. Compañía de Tranvías non garante que os contidos da súa páxina sexan aptos ou dispoñibles fóra de España. No suposto de que todo ou parte dos contidos da páxina de Compañía de Tranvías sexan considerados ilegais en países distintos de España, queda prohibido o acceso a estes e a súa utilización polos usuarios e, no caso de que este se produza, será exclusivamente baixo a responsabilidade dos usuarios, estando estes obrigados ao cumprimento das leis nacionais de aplicación.
9. Todas as cuestións relativas á páxina web de Compañía de Tranvías rexeranse pola lexislación española e someteranse á xurisdición dos Xulgados e Tribunais da Coruña con renuncia a calquera foro que puidese corresponder.
10. Uso de datos durante a navegación. As cookies que Compañía de Tranvías utiliza no seu sitio web www.tranviascoruna.com só serven para manter aberta a sesión do usuario, polo que a presenza das cookies unicamente servirá para asociar unha sesión cun usuario anónimo co fin de poder prestar o servizo por aquel solicitado. Esta cookie mantense no disco duro co fin de identificar o usuario automaticamente en futuras sesións.