Con motivo da celebración da Carreira da Muller, o domingo 27 de setembro, entre as 07.00 e as 13.00 horas, cortarase desde as Escravas ata a Praza de Portugal.
De 09.30 ás 12.30 horas, aproximadamente, cortarase o Paseo Marítimo entre Riazor e a Glorieta de la Torre, afectando ás liñas, 3, 3A, 7 e 11 da Rede de Transporte Urbano:
- As liñas 3, 3A e 7: farano por Avda. da Habana, Alfredo Vicenti e Praza de Pontevedra. Tras este desvío, as liñas 3 e 7 recuperán o seu itinerario.
- Liña 3A: Desde praza de Pontevedra, San Andrés, rúa Sol, Hospital, Praza de España e Orillamar.
- Liña 3: desde Adormideras farao por Avda. de Navarra, Rúa de la Torre, Praza de España, Panaderas, Orzán, Santo Andrés e Praza de Pontevedra.
- Liña 11: Rúa Sol, Hospital, Praza de España, Orillamar, Avda. de Navarra, Rolda de Monte Alto e Avda. de Hércules.
Unha vez que as corredoras vaian pasando irase recuperando a circulación polos itinerarios habituais.


