Afeccións pola Carreira ENKI´26

O sábado 17 de outubro, entre as 11.00 e as 20.00 horas, aproximadamente, vaise celebrar a Carreira de obstáculos pola integración ENKI. Por este motivo modificarase o itinerario das liñas que circulan pola contorna do circuíto durante o tempo que dure a proba. As liñas afectadas e os itinerarios previstos serán os seguintes: ·

 

Liñas 1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 23 e 23A en sentido de circulación cara ao hospital Abente e Lago: desde Praza de Ourense desviaranse pola Avda. do Porto e túnel do Parrote cara á parada do Abente e Lago, onde as liñas 5 e 17 reincorporaranse ao itinerario habitual. Realizarase unha parada provisional na Avda. do Porto (á altura do “Quiosco Alfonso”). 

 

Liñas 1, 1A, 2, 2A, 17, 23 e 23A, desde o Abente e Lago e en sentido de circulación cara a Praza de Ourense, farano polo túnel do Parrote, Avda. do Porto e en Praza de Ourense reincorpóranse ao seu itinerario habitual. Farase unha parada provisional na Avda. do Porto (á altura do “Quiosco Alfonso”). ·

 

Liña 3A, en sentido de circulación cara os Rosales, desde o Abente e Lago farao polo túnel do Parrote, Avda. do Porto, Praza de Ourense, Juana de Vega e en Praza de Pontevedra reincorpórase ao seu itinerario habitual. Farase unha parada provisional na Avda. do Porto (á altura do “Quiosco Alfonso”). 

 

Liñas 3 e 7 en sentido de circulación cara a Monte Alto, desde Praza de Pontevedra circularán por Juan Flórez ata Marcial do Adalid, Linares Rivas, Praza de Ourense, Avda. do Porto, e túnel do Parrote, incorporándose no Abente e Lago ao seu itinerario habitual.

Facebook
LinkedIn