Cambios nas rutas das liñas 3 e 7

Debido á finalización dalgunhas das obras da contorna dos Cantóns, desde primeira hora do xoves 22 de outubro, as liñas 3 e 7 pasarán a circular desde a rúa Rubine por Praza de Pontevedra e Juana de Vega, recuperando o seu roteiro habitual en Praza de Mina (dirección Hospital Abente e lago).

Por tanto as paradas de Juan Flórez 18 e Notariado 7 quedarán anuladas para ambas as liñas e habilitarase unha nova parada na rúa Juana de Vega.

Facebook
LinkedIn