Dispositivo especial para o 12 de agosto pola eclipse e o trofeo Teresa Herrera

O próximo 12 de agosto, a coincidencia da eclipse solar e a celebración do Trofeo Teresa Herrera, que enfrontará ao RC Deportivo e ao Real Madrid no estadio de Riazor, atraerá previsiblemente á cidade un importante número de visitantes.
 
LIÑA UDC – Praza Pontevedra
Co obxectivo de facilitar os desprazamentos e reducir a conxestión do tráfico, o Concello da Coruña habilitará os campus universitarios da Zapateira e Elviña como aparcamentos disuasorios. Ademais, reforzará a liña UDC, que conecta ambos os campus coa praza de Pontevedra, cunha frecuencia de paso de 10 minutos a partir das 16.30 horas e tras a finalización dos eventos para o regreso aos campus.
 
SERVIZO ESPECIAL FÚTBOL
Como é habitual nos encontros que o RC Deportivo disputa en Riazor, tamén se poñerá en funcionamento o Servizo Especial Fútbol, que enlazará os aparcamentos do campus de Elviña e do Coliseum/Recinto Feiral coa praza de Pontevedra. Os servizos especiais permanecerán operativos ata a finalización do encontro, co fin de garantir unha mobilidade áxil e ofrecer unha alternativa cómoda ao vehículo privado durante unha xornada de gran afluencia de persoas.
 
LIÑA ESPECIAL 3A
Así mesmo, para favorecer o uso do transporte público desde os municipios da área metropolitana e reforzar a conexión coa praia de Riazor, o Monte de San Pedro e O Portiño, a liña 3A reforzará o seu servizo desde Porta Real e manterá unha frecuencia de paso de 15 minutos. Esta liña 3A desviará lixeiramente o seu percorrido para baixar ata a glorieta do Portiño, onde se habilitará unha parada provisional para aquelas persoas que precisen desprazarse a esa contorna en bus. Tamén se reforzará para facilitar a volta desde O Portiño e San Pedro.
 
VARIACIÓNS POLOS CORTES
Mantéñense coas variacións habituais en 3, 3-A, 7 e 11 polos cortes no paseo marítimo.
 
Facebook
LinkedIn