Dispositivo Especial Día de Todos os Santos

Con motivo da celebración da festividade de Todos os Santos reforzaranse os servizos de autobús urbano na contorna dos cemiterios municipais segundo o seguinte detalle:
 
Día 31 de outubro e 1 de novembro:
 
Reforzaranse as liñas 23 e 23A con 2 autobuses máis. Desta forma, a frecuencia combinada de ambas as liñas será de 18 minutos, ambas as liñas dan servizo ao cemiterio de Feans.
 
Día 1 de novembro: 
 
Reforzarase a liña 3, dando servizo aos cemiterios de San Pedro de Visma e de San Amaro cunha frecuencia combinada coa 3A de 17 minutos.
 
Ao cemiterio de San Pedro de Visma tamén dan servizo as liñas 12 e 14.
 
Así mesmo, o día 1 de novembro a liña 11, cun percorrido transversal da cidade e con transbordo a todas e cada unha das demais liñas, reforzarase con dous autobuses adicionais ao longo de toda a xornada dando servizo ao cemiterio de San Amaro cunha frecuencia de 18 minutos.
 
As restantes zonas da cidade están comunicadas co cemiterio de San Amaro a través das liñas: 4, 5, 6, 6A, 7 e 17.
 
O cemiterio de Oza (Castrillón) está comunicado por medio das liñas: 1, 12A e 14.
 
Ao cemiterio de Santo Cristóbal dás Viñas darán servizo as liñas 5, 12A, 20, 22, 23 e 23A.
 
Facebook
LinkedIn