Liña 1: Saída de Praza de Pontevedra, incorporándose en Praza de Ourense ao seu itinerario habitual. Circulará pola Avda. de Oza en lugar de facelo pola Avda. do Exército. Desta forma prestarase servizo á Gaiteira, Os Castros e Castrillón, baixando pola Avda. de Monelos.
Liña 1A: Saída de Praza de Pontevedra, incorporándose en Praza de Ourense ao seu itinerario habitual. Con este servizo atenderase á zona de Salvador de Madariaga, Paxariñas, Matogrande, Barrio das Flores, Eirís, Pedralonga e A Pasaxe, aínda que a este último chegarase se hai usuarios que o demanden en caso contrario dará a volta para retornar á Praza de Pontevedra.
Liña 3: Prestará servizo desde Praza de Pontevedra á Os Rosales seguindo o seu itinerario habitual no devandito tramo, atendendo a Cidade Escolar, Labañou, Os Rosales e San Pedro de Visma.
Liña (3A):Circular Ciudad Vieja – Monte Alto: De Praza de Pontevedra a Monte Alto, prestará servizo co seguinte itinerario: Praza de Pontevedra, Obelisco, Porta Real, Parrote, Maestranza, Orillamar, Durmideiras, Rolda de Montealto, Mercado de Hércules, Avda. de Hércules, C/ de la Torre, Praza de España, Hípica, Abente e Lago, Obelisco e Praza de Pontevedra
Liña 6: De Praza de Pontevedra a Meicende, prestando servizo ás zonas de Paseo das Pontes-Santa Margarita, parte alta da Sagrada Familia, Agra do Orzán e Ventorrillo, na súa parte máis próxima á Avda. de Finisterre, continuando pola Moura ata Meicende.
Liña 7: De Praza de Pontevedra ao Ventorrillo atendendo a Peruleiro, Rolda de Outeiro, Agra do Orzán e toda a contorna de Vila de Negreira.
Liña 11:De Praza de Pontevedra aos Mallos. Prestará servizo a Pla e Cancela, contorna de Ronda de Nelle (zona Os Mallos), Os Mallos, Vioño e parte baixa da Sagrada Familia.
Liña 21: De Praza de Pontevedra a Novo Mesoiro, prestando servizo á contorna de Catro Camiños-Corte Inglés, Segunda Fase de Elviña, Pablo Picasso, Birloque, Martinete, Mesoiro e Novo Mesoiro.
Liña 24: De Praza de Pontevedra a Zapateira, fará o itinerario habitual da liña 24, a primeira saída será ás 00.30 horas mantendo unha saída cada 30 minutos ata as 02.30 horas.
As liñas 3, 6, 7, 11 e 24, situaranse na parada habitual de Praza de Pontevedra en sentido Juan Flórez.
As liñas 1, 1A, 3A e 21, situaranse na beirarrúa en fronte á parada habitual de Praza de Pontevedra, en dirección Juana de Vega.