- Invitamos a todos os visitantes a participar nos sorteos a través da nosa carpa, instalada na praza da Fábrica de Tabacos, e nalgunhas das actividades programadas durante a SEM
Un ano máis, sumámonos á celebración da Semana Europea da Mobilidade (SEM), organizada polo Concello da Coruña. Nesta ocasión, colaboraremos co sorteo un total de 14 premios: sete bicicletas pregables e sete bonos de 200 viaxes. Os sorteos realizaranse entre o 16 e o 21 de setembro e estarán vinculados tanto á actividade da nosa carpa como a algunhas das propostas incluídas na programación da Semana Europea da Mobilidade.
En concreto, os días 16, 17, 20 e 21 de setembro sortearase na carpa, ao finalizar a xornada, unha bicicleta pregable e un bono de 200 viaxes cada día. O venres 18, alén do sorteo dunha bicicleta e unha tarxeta de 200 viaxes na carpa, sortearase outra tarxeta de 200 viaxes na proxección de cine ao aire libre e unha bicicleta pregable ao finalizar a Mobility Night entre os asistentes ás actividades.
O sábado 19 de setembro, a carpa acollerá o sorteo dunha tarxeta de 200 viaxes. Ademais, a actividade Roteiro e a proxección de cine ao aire libre incluirán, respectivamente, o sorteo dunha tarxeta de 200 viaxes e dunha bicicleta pregable entre os asistentes.
Para recibir máis información sobre estes sorteos, as persoas interesadas poden achegarse a partir de mañá á nosa carpa, situada na praza da Fábrica de Tabacos, durante as xornadas da Semana Europea da Mobilidade.
Con estas accións, desde Tranvías, queremos aproveitar a Semana Europea da Mobilidade para agradecer aos nosos usuarios a confianza no servizo de autobús urbano e tamén fomentar o uso do transporte público como unha opción cómoda, accesible e sostible para os desprazamentos pola cidade.
GAÑADORES
Sorteo 16 setembro
- Gañador Bicicleta: Nº 31
- Gañador Tarxeta 200 viaxes: Nº 83
Sorteo 17 setembro
- Gañador Bicicleta: Nº 188
- Gañador Tarxeta 200 viaxes: Nº 180
Sorteo 18 setembro
- Gañador Bicicleta: Nº 250
- Gañador “Cine ó Aire libre” Tarxeta 200 viaxes : Nº 33
- Gañador Mobility Night Bicicleta: Nº028
Sorteo 19 setembro
- Gañador Tarxeta: Nº 336
- Gañador “Cine ó Aire libre” Bicicleta 200 viaxes : Nº 115
- Gañador Roteiro Tarxeta 200 VIaxes: Nº 271
Sorteo 20 setembro
- Gañador Tarxeta 200 viaxes: Nº 458
- Gañador Bicicleta : Nº 539
Sorteo 21 setembro
- Gañador Tarxeta 200 viaxes: Nº 637
- Gañador Bicicleta : Nº 659


