Os usuarios de Tranvías puntúan cun 7,8 o servizo prestado

Os resultados da Enquisa de satisfacción dos usuarios dos servizos de Tranvías, elaborada pola empresa especializada Sondaxe, guindan unha puntuación media global de 7,8 sobre 1, catro décimas máis que en 2025. O estudo, realizado mediante entrevistas presenciais entre o 4 de maio e o 1 de xuño de 2026, revela ademais que o 93% dos usuarios decláranse satisfeitos, ao outorgarlles unha puntuación igual ou superior a seis. Esta porcentaxe supón un incremento do 3,68% con respecto ao ano anterior.
 
O director de Tranvías, Ignacio Prada, destacou que estes resultados “confirman que o servizo segue sendo percibido como unha opción fiable e de calidade por parte dos cidadáns”, e subliñou que “a mellora tanto na nota media como na porcentaxe de usuarios satisfeitos reflicte o esforzo sostido da compañía por adaptarse ás necesidades reais de mobilidade da Coruña e avanzar cara a un transporte público cada vez máis competitivo e atractivo fronte ao vehículo privado”. A valoración positiva do servizo é xeneralizada entre os distintos perfís de usuarios, con puntuacións moi equilibradas entre homes (7,83) e mulleres (7,78). Por grupos de idade, destacan especialmente as valoracións das persoas de entre 35 e 44 anos, que alcanzan unha media de 8,16 puntos. 
 
O trato de persoal e a puntualidade: dous dos factores máis valorados 
En relación cos aspectos do servizo, a enquisa pon de relevo que os viaxantes valoran de forma especialmente positiva elementos como a puntualidade, a accesibilidade, a seguridade a bordo e o estado dos vehículos, xunto coa limpeza e a información dispoñible, todos eles con valoracións próximas ou superiores aos 8 puntos. O trato do persoal mantense como un dos factores máis valorados (8,46), xunto co da puntualidade, cun (8,06) o que reforza o seu papel como elementos clave na calidade percibida do servizo.
 
Perfil de persoa usuaria
O perfil da persoa usuaria do autobús urbano da Coruña responde maioritariamente a unha muller, que representa o 63,4% do total, fronte ao 36,6% de homes, cunha idade media de 45 anos e unha distribución bastante equilibrada entre os distintos grupos de idade. En canto á ocupación, predominan as persoas asalariadas (49,4%), seguidas de xubilados e pensionistas (18%) e estudantes (16,2%), evidenciando o carácter transversal do servizo e a súa capacidade para atender a perfís sociodemográficos diversos.
 
Hábitos de mobilidade
En canto aos hábitos de mobilidade, a enquisa revela que o 47% dos usuarios, a pesar de dispoñer de coche privado como alternativa, prefiren usar o bus nos seus desprazamentos urbanos o cal revela o servizo para case a metade das persoas como unha opción máis competitiva. As razóns que o xustifican son ademais a dificultade para aparcar, mencionada polo 20%, e o aforro económico fronte ao vehículo privado, cun 16,4%. Polo que respecta aos motivos de desprazamento, as viaxes por razóns laborais representan o 42,2% do total, seguidos dos motivados por cuestións privados ou familiares (31,1%) e por lecer (27,4%), o que mostra o papel central do transporte urbano na mobilidade diaria da cidade. Outro dos aspectos salientables é o elevado grao de dixitalización dos usuarios, xa que ao redor do 78% emprega aplicacións móbiles para consultar información do servizo e planificar os seus desprazamentos. Este dato confirma a crecente relevancia das canles dixitais na experiencia de uso do transporte público.
 
Ignacio Prada sinalou que “o obxectivo é seguir mellorando naqueles aspectos que os propios usuarios identifican como prioritarios, especialmente na capacidade en horas punta e continuar elevando os estándares de calidade do servizo. Para iso incorporaremos nos próximos meses algúns vehículos máis para ampliar a flota e dar resposta á demanda crecente”.
 

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.

Facebook
LinkedIn