A partir da próxima semana, incorporamos dous autobuses ríxidos de 12 metros á nosa flota, que alcanza así os 103 vehículos. Esta ampliación permitirá incrementar a capacidade do servizo e seguir adaptando os recursos dispoñibles ás necesidades de mobilidade da cidade.
Os dous autobuses, modelo MAN Lion’s City diéseis e con capacidade para mover ata 100 persoas viaxantes cada un, integraranse na operativa habitual a partir da próxima semana e contribuirán a reforzar o servizo no seu conxunto, mellorando a capacidade de resposta ante as variacións da demanda e facilitando a adaptación dos recursos ás necesidades das distintas liñas. O reforzo da flota cobra especial relevancia nas franxas horarias de maior afluencia, nas que se concentra un maior número de desprazamentos vinculados á actividade laboral, educativa e universitaria.
Esta ampliación dá continuidade á realizada o pasado mes de setembro, cando sumamos outros dous autobuses articulados de 18 metros da mesma marca á flota. Con estas incorporacións, xa son 9 os autobuses incorporados á flota nos últimos 4 anos, nunha aposta por reforzar progresivamente a capacidade do transporte público e dar resposta ao incremento da súa utilización, a pesar do actual contexto de prórroga do contrato de concesión.
En 2025, superamos os 28,5 millóns de viaxes, consolidando a evolución positiva da demanda. Por iso, aínda coa finalización en cernes do seu actual convenio, mantemos o esforzo por reforzar os recursos dispoñibles adaptando a operativa á evolución da mobilidade e ao crecemento da demanda na Coruña.


